De feito, cando aos poucos meses do primeiro ingreso de Carme no hospital, a promotora en que traballaba quebrou, aínda se sentiu un home afortunado porque así ía poder pasar máis tempo con ela. Paco botara todo aquel tempo como un autómata, como un boxeador sonado e ía dun sitio para outro como unha alma en pena, sen se decatar de que ao seu redor o mundo seguía a correr vertixinoso.
Das sesións de radio ás de quimio, e novas análises, infinidade de novas análises na procura dalgún indicio de esperanza, e máis radio, e máis quimio, até que os coidados paliativos se fixeron innecesarios, cando unha mañá cincenta e destemperada unha sedación compasiva a axudou no acougou do último alento.
Metástase era a palabra que tiveron que buscar no dicionario. E as probas corroboraron que non eran boa cousa. Mais un día o médico informou a Carme de que aqueles vultos que lle vira no peito pintaban mal e que cumpría facer máis probas. Podíalles ir mellor, mais tampouco se queixaban. Tal que así eran as vidas de Carme e de Paco. Concedíanse as entradas do cine nas fins de semana, el unha cervexa diaria no bar da esquina, ela algún trapiño especial nas rebaixas, e polo verán unha semana nun bungaló da praia de Cabío, na segunda quincena de agosto, que nesa quenda lles facían prezo. Vivían, que non é moito, mais que tampouco era pouco. Ademais, argumentaban en segredo, se tivesen que alimentar, vestir e educar unha pequena –eles sempre pensaran a descendencia en feminino, non sabían por que–, non lles tería quedado outra que buscar outro traballo, que co que gañaban, el na oficina, ela de dependenta nunha tenda de zapatos, malamente lles daba para ir tirando. Cando algún amigo indiscreto preguntaba, dicían que en realidade eles non querían, que estaban ben así os dous. Ademais, dáballes moito corte tratar con ninguén daqueles temas, por moito que fose un médico. Nin de broma foron ao médico para saber que raio era o que lles pasaba, se é que lles pasaba algo. Mais aquela ansia insatisfeita nunca a viron como unha desgraza. O seu cochiño era un quilómetro cero cando o compraran, había xa once anos, e tratábao con mimo, aspirándoo devagar por dentro e lavándoo por fóra cun cariño paternal, para que durase todo o que lle tiña que durar, que aínda tiñan de ser uns poucos anos máis.Į falando de paternidade, Deus –el era cristián, aínda que menos crédulo e practicante que Carme– non lles concedera a regalía de ter fillos. O seu amor era unha caloriña que burbullaba en letras minúsculas, con pequenos acenos, sen necesidade de palabras pomposas nin de complicados cortexos íntimos.
#Xvideo gay teen moan grindr iso
Sabíase unha árbore máis do bosque, ou menos aínda que unha árbore, unha póla, unha simple rama, intranscendente e anónima, das que se intúe que están aí, mais nas que ninguén se fixa, e non arelaba outra cousa que non fose vivir –así, sen máis, vivir–, mesmo que non se parase moito a filosofar para encontrar unha definición acaída a iso que damos en chamar vida.Īos seus cincuenta e poucos anos, a Paco abondáballe co seu soldo de administrativo nas oficinas dunha promotora de vivendas e chegáballe de sobra co amor doméstico con que o regalaba a súa Carme. Aínda que el, máis que caracterizarse pola modestia, considerábase só unha persoa apegada á realidade. Até se podería dicir que, por principio instintivo e comedimento formal innato, era un home modesto. Xa que logo, Paco era máis ben correntiño, do montón. El era un tipo normal, coas súas virtudes innegábeis e os seus indiscutíbeis defectos, cos seus soños, coas súas frustracións, e cunha calvicie incipiente que se agoiraba nas amplas entradas que cos anos teimaban en cabalgar pola súa fronte arriba. Non, Paco non gostaba nin de chamar a atención nin das estridencias. Tampouco se lle pasara pola cabeza comprar por leasing un 4×4 último modelo para así fachendear perante as bocas abertas e as miradas envexosas dos seus veciños, habitantes dun barrio obreiro que, coma el, non pasaban dun discreto e sensato utilitario. Paco nunca aspirou a ter moito diñeiro no banco, nin a provocar regueiros de paixón entre as mulleres.